
A
marcha cicilsta chegou no ano 2003 á súa décimo segunda
edición, coa novidade do cambio de datas para o mes de setembro
o que se convertíu nun acerto pola participación conseguida. |
 |
Xa un clásico no barrio
Máis de dez ano leva a Marcha Ciclista
a Coia, unha actividade deportiva que congrega a máis
de 500 persoas e que ten un percorrido de dez quilómetros.
O percorrido comeza coa saída desde a asociación
e dependendo da situación das rúas en cada edición
variamos o percorrido, favorecendo sempre a participación
dos máis cativos.
O importante é participar
Non é unha marcha con carácter competitivo; o que queremos é que
participe a maior cantidade de xente posible e que todas e todos gocemos con
este paseo en bici polo noso barrio e arredores, a nosa contorna. O que normalmente
percorremos en coche ou con moitas présas podemos vivilo así doutro xeito.
Esta marcha ciclista está financiada pola Concellaría de Deportes
do Concello de Vigo e ten o apoio do hipermercado Alcampo.
|
|
Sorteo na chegada de agasallos
Participar é moi sinxelo, só hai
que anotarse na asociación nos días anteriores ou
o mesmo día da marcha. No momento de anotarse dásenos un
dorsal que será o número co que logo participaremos
no sorteo de agasallos que hai ó final desta actividade,
que remata no Campo Roxo.
|
 |