Inicio | Novas | Opina | Asociación Virtual | Coia na rúa | Coia dixital | Cursos | Valedor veciñal |Rexuvenecendo o barrio
Animación Socio-Cultural


Festa de Entroido

Esta festa está dirixida dun xeito especial ós máis cativos do barrio, recuperando unha tradición na que os disfraces máis o gastronómico uníanse para celebrar a despedida de D. Carnal e a cegada de Dª Coaresma. Desde unha metodoloxía participativa organízase un encontro festivo no que os rapaces poden facer gala dos seus disfraces. Aqueles que non se disfrazan teñen a oportunidade de participar nos obradoiros de maquillaxe e diversos xogos.

Día das letras galegas e Maios
Na conmemoración das Letras Galegas faremos unha actividade que conmemore esta data. Será unha festa na que faremos mención ó persoeiro  ó que se lle adique esta data. Será unha festa na que faremos un acto que nos axude a entender o significado do "Día das Letras Galegas". Esto irá acompañado pola confección de maios, que serán feitos polos rapaces e rapazas do barrio.

Cine de Verán
Durante catro días proxectamos unha serie de películas que dan a este barrio unha nova alternativa de ocio e aproveitamento do espacio ó aire libre. Habilitamos as canchas de fútbol-sala do Campo Roxo. Nestas canchas montamos unha pantalla xigante máis o equipo de son preciso para optimizar a calidade da actividade e para garantir o entretemento e divertimento das persoas que asisten a esta actividade.

Festas tradicionais
Continuando na liña desta asociación, que en todas as súas actividades prioriza o obxectivo de acadar unha mellor calidade de vida para o seu contorno, temos que destacar o interese polas cuestións culturais relacionadas coa exaltación da tradición da cultura galega e o noso idioma, sobre todo achegando á cidadanía aquelas manifestacións que fagan por recuperar a nosa identificación como pobo galego e que nos axuden a coñecer as nosas raíces, así como a multitude de tradicións que existen ó longo da xeografía galega, nun intento de avogar pola tolerancia ante a diversidade.


Festa de nadal con contacontos de nadal

Co gallo do Nadal organizamos un encontro no que os rapaces e rapazas poden participar en xogos variados e divertidos. Logo, na campaña de animación sociocultural temos organizada unha sesión de contacontos aberta a toda a veciñanza.

Festa do Magosto con recuperación de xogos tradicionais

Nesta festa organizamos xogos tradicionais para desenvolver no barrio: trompo, bólas, aro, sacos, pincho… Asemade asamos castañas e gozamos con esta degustación gastronómica.
.

Últimas novas
- Magosto en Camiño de Coia. 19.30h
- Día do Deporte en Coia. 13 de Marzo.
- 23 de Xuño. Festa Veciñal.
- Entroido en Coia
- Os Papa Noeis máis televisivos da cidade