
Un barrio construido fai 40 anos empeza a mostrar sinais do paso
do tempo nas vivendas, nas rúas e precisa accións
para mantelo xove. |
 |
Pintado da fachada dos edificios
No ano 199.. xestionouse dende a asociación
de veciños co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo)
o pintado gratuíto das fachadas dos edificios. A uniformidade
de cores coa que foi pintado inicialmente gran parte do barrio
transformouse nunha amálgama de cores que lle deu o aspecto fresco
e alegre que posúe hoxe en día.
Arranxo de tellados cun aforro do 60%
Promeveuse que dende as comunidades de propietarios se solicitara
unha subvención para arranxar os tellados, xa que nas obras
de pintado das fachadas detectáronse importantes deficiencias
nesta infraestructura.
Axudouse as comunidades de veciños nas xestións para
conseguir axudas de ata un 60% a que optaron na primeira fase un
total de 28 comunidades e na segunda outras tantas.
|
|
De Coia ó Mar
Proxecto para pintar todo un carril bici
de dous quilómetros de longo, que discorre pola avenida
Castelao e que xa perdeu toda a súa pintura debido o uso
e ó paso do tempo. Un río que quere representar
o camiño cara ó mar, para solicitar a prolongación
do paseo ata a praia de Samil.
Últimas novas
-
Iniciouse a 3º Fase do arranxo dos tellados
|
 |