Inicio | Novas | Opina | Asociación Virtual | Coia na rúa | Coia dixital | Cursos | Valedor veciñal |Rexuvenecendo o barrio
A noticia

Urxe a creación dunha piscina na zona da Miñoca
Ao verse superada a capacidade da Piscina das Travesas, e fronte a necesidade urxente deste tipo de instalacións nunha zona na que residen cerca de 75.000 persoas.

A A.VV. Camiño V. de Coia e a A.VV. Val do Fragoso instan ao Concello a que constrúa unha piscina no entorno da Miñoca tal e como se ten prometido.

A piscina municipal das Travesas, há tempo que viu superada a súa capacidade fronte a inmensa demanda que estas instalacións ten por parte da cidadanía, posto que recebe usuarias/os de diferentes zonas da cidade (Coia, Val do Fragoso, Travesas, Gran Vía, Camelias...), polo que urxe a construcción dunha nova piscina.

Nos barrios de Coia e Val do Fragoso residen entre 75.000 cidadás/cidadáns, e ambas zonas se teñen caracterizado polo continuo crecemento demográfico, a mostra máis recente foi a urbanización da Miñoca.

Existe un deficé en instalacións deportivas que o governo municipal non pode obviar. É preciso que desde o Concello se impulsen as medidas necesarias para dar a resposta máis rápida, buscando tamén a necesaria colaboración de entidades e institucións.

Os colectivos veciñais máis representativos, respectivamente, dos barrios de Coia e Val do Fragoso, ofrecemos a nosa colaboración para tal cometido.

 

Recibe as novas cada día no teu correo

-Magosto en Camiño de Coia. 19.30h

-Noites Vivas en Coia

-Este ano toca o 19.377 na lotería

-Charlas sobre Ludopatía o Xoves 13

-Comeza o novo curso con múltiples actividades

-Dia d@ Moz. Sábado 28 de Maio

-Novos Cursos. Iniciación a informática e Iniciación ó deseño web.

-Día do Deporte en Coia. 13 de Marzo.

-Xa podedes consultar o PXOM na asociación