|

|
 |
O deporte conquista
a rúa
Máis de cincocentos rapaces participaron
na súa primeira edición celebrada en Marzo do 2003. Celébrase na Avda. Castelao un evento
deportivo que busca a participación de todas as nenas e nenos
do barrio. Esta actividade está organizada pola Asociación Veciñal
de Coia “Camiño Vello” coa colaboración da Concellaría
de Deporte de Vigo.
Deportes variados
Organízanse campos de distintos deportes no medio da rúa. Deportes
participativos como esgrima, fútbol sala, baloncesto, pin pon, balonmán, tiro
con arco, xadrez, petanca, xogos tradicionais, voleibol.
Bota un ollo na galería
|
|
Participando os colectivos do barrio
e clubs deportivos
Unha grande parte dos equipos veñen
organizados polos colectivos do barrio, máis de 20 na última edición
(escolas, A.N.P.As, asociacións, agrupacións deportivas, clubs
deportivos…)
Os clubs deportivos
traen os seus equipos e encárganse de iniciar nos deportes
minoritarios os máis pequenos e de coordinar as distintas canchas.
|
 |