
O Día d@ moz@ en Coia é un evento no que
participan os colectivos sociais do barrio e que está financiado
pola Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo.
Bota un ollo na galería
|
 |
Un día na rúa
Un día ó ano todos os colectivos do
barrio desenvolvemos esta actividade; unha actividade que non é froito
dun día, senón do traballo dun equipo que programa, dinamiza,
motiva e desenvolve esta festa, e sobre todo, froito do traballo
cotián de cada un dos colectivos participantes.

Os
protagonistas
O día d@ moz@ en Coia é unha festa na que os protagonistas
son as persoas máis novas do barrio, durante todo o día ocupamos a Avda.
de Castelao, cada colectivo monta un stand no que se realizan obradoiros,
xogos, demostracións… ¡E todo é interactivo!
Un tren percorre o barrio
Durante todo o dia un tren turístico dá voltas pola
avenida para que se poida contemplar toda a festa.
|
|
Os colectivos do barrio
Os colectivos do barrio
Podemos participar dun xeito directo en
cada unha das actividades, aprendendo, gozando e, sobre todo,
coñecendo
cada un dos colectivos que en Coia traballan pola mocidade: escolas,
A.N.P.As, asociacións xuvenís, asociacións veciñais, parroquias…Toda
unha aposta pola participación e a creatividade. Se traballamos
en equipo os resultados sempre serán máis eficaces e efectivos.
Durante todo o día no que se desenvolve esta festa, ó realizar
calquera das actividades que os colectivos teñen programadas, os participantes
terán un carimbo máis na súa folla de participación, coa que logo terán opción
de entrar no concurso de diversos agasallos.

|
 |