Inicio | Novas | Opina | Asociación Virtual | Coia na rúa | Coia dixital | Cursos | Valedor veciñal |Rexuvenecendo o barrio
Áreas de traballo
Deporte
As actividades deportivas teñen grande importancia para este colectivo veciñal. A práctica do deporte supón unha educación en valores, un compromiso, unha actitude de traballo en equipo… Asemade, foméntase un apoio incondicional no esforzo realizado. O deporte como base de colectivización e sociabilización.

Xuventude
Cremos na mocidade como axentes de traballo e innovación, un sector importante para o desenvolvento integral do barrio.
Con esa perspectiva somos a propia mocidade os que desenvolvemos actividades de lecer, de formación, de reivindicación… En compromiso co barrio e coa veciñanza.

Animación Socio-Cultural
A veciñanza de Coia é a razón de existir desta asociación veciñal. Promocionar unha calidade de vida digna é para nós primordial, polo que desde esta área dinamizamos o barrio a través de diversas actividade, promovemos a formación cultural, o coñecemento e o sentir das nosa raíces (baile,cine, percusión…)

Infancia
Este sector da poboación ten para nós unha grande importancia. Supón o futuro; polo que temos organizadas actividade dirixidas específicamente para eles: apoio escolar, actividades ó aire libre, festa de entroido, nadal…Educar en valores, complementando o labor da escola e da familia é para nós un obxectivo a acadar.


Muller
O traballo pola promoción da muller, pola igualdade de xénero e a loita en contra da violencia doméstica é unha das liñas de traballo desta vocalías, xunto coa promoción integral da muller a través de cursos, obradoiros, debates.

Medio Ambiente
Este colectivo aposta firmemente por un coidado comprometido da nosa contorna, desde as antenas de telefonía móbil ata a reciclaxe como unha actitude de sensibilidade e compromiso co noso barrio.

Os maiores
Desde esta área de traballo, estamos a desenvolver un servicio que garanta unha óptima calidade de vida ás persoas maiores do noso barrio.
Actividades: excursións, obradoiro de memoria, asesoramento en xestións
.